Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Multiúsos conta xa con bucle magnético para persoas con discapacidade auditiva

RR_Noticias

Esta tecnoloxía permitirá escoitar con nitidez un evento cultural a aquelas persoas que presenten problemas de audición e usen audífono. Ademais do Multiúsos tamén se ven de instalar esta ferramenta na Casa do Concello para mellorar a atención as persoas con esta discapacidade. A organización de Xordos de Galicia (XOGA) foi a encargada de implementar o sistema que segundo a responsable de servizos sociais, Carmen Amoedo supón o “compromiso do concello por traballar cara unha inclusión real de todas as persoas independentemente das súas capacidades”.

A instalación destes dispositivo, tanto no Multiúsos como na Casa do Concello é froito dun convenio entre a Fundación Xoga e o Concello de Redondela e busca mellorar a inclusión das persoas xordas con audífonos con posición T, que poderán escoitar con nitidez e sen interferencias o son dunha representación teatral, un concerto ou unha conferencia. Así o explicaba Patricia Lage que salientaba a mellora cualitativa que supón eliminar o ruído ou distorsión provocado polo sonidos ambiente. A presidenta da organización Mª Jesús Monterde explicaba que o único requisito para beneficiarse desta tecnoloxía é colocar o audífono en posición T “permitindo así ás persoas con discapacidade auditiva recibir esa representación con mellor calidade” Unha ferramenta cada vez máis necesaria nunha poboación que ao ser máis lonxeva presenta tamén maiores problemas tanto de visión como de audición. Adiantaba tamén Monterde que están a traballar na que será unha xornada de intenso traballo o día 16 de decembro para conmemorar o día da discapacidade sensorial Dende o concello salientan que iniciativas coma esta serven para lograr a inclusión real “persoas con discapacidade auditiva poderán así acceder a espazos públicos de xeito máis autónomo e normalizado posible. Tamén o feito de que exista un bucle no Concello facilitará q8e poidan desenvolver os trámites burocráticos en condicións de igualdade, participación e inclusión máis plenas”. Explicaba a concelleira de Servizos Sociais Carmen Amoedo que outra das iniciativas máis interesante son as clases de linguaxe de signos que están a recibir os funcionarios o que permitirá que estas persoas sexan atendidas máis axeitadamente. Un acto no que a Asociación Xove aproveitou para presentar o bastón bicolor, que permite identificar a unha persoa xordocega. Trátase dun bastón vermello e branco que identifica a persoas con discapacidade visual e auditiva que achega maior seguridade na súa autonomía e facilitar a comunicación co resto de persoas, que son conscientes da súa discapacidade.  

Patricia Lage Fundación Xoga
Explica en que consiste un bucle magnético
Mª Jesús Monterde Presidenta Xoga
As persoas con discapacitade auditiva pasan a estar máis integradas
Unha discapacidade en aumento
A perda de audición está vencellada tamen á idade
Bastón bicolor
Unha ferramente moi necesaria para persoas xordocegas
Carmen Amoedo edil de Servizos Sociais
Iniciativas que buscan a inclusión real

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará