Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados polos lumes en Soutomaior contan cunha oficina para xestionar e solicitar axudas

RR_Noticias

O goberno local pretende evitar que moitos afectados non poidan acceder ás axudas por non dispor dos medios para acometer os informes e trámites necesarios. A oficina estará instalada na Casa do Concello e atenderá aos afectados os martes e xoves en horario de mañá. O obxectivo é que poidan acceder ás liñas de axuda que tanto a Xunta de Galicia como o Estado publicaron recentemente. Para iso creouse unha oficina, atendida por técnicos especializados, para xestionar as solicitudes dos afectados ademais de proporcionarlles asesoramento para cumprimentar os informes necesarios.

Explican dende o concello que moitos dos afectados son de avanzada idade, non teñen cámara de fotos ou lles custa moito cumprimentar todos os papeis oficiais que serán necesarios para solicitar as axudas e terán nesta oficina un sitio onde técnicos especializados prestaranlle toda a axuda necesaria para cumprimentar a documentación, realizar unha reportaxe fotográfica e informarse sobre todas as axudas dispoñibles.
Acondicionamento barrio Aranza
O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento no acceso ao barrio de Aranza. A mellora comprende a reparación e asfaltado dun total 3500 metros cadrados. O proxecto conta cun orzamento total de execución de 60.138 euros.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, comprobou na mañá de onte o resultado destes traballos que definiu como “unha mellora moi demandada polos veciños para a súa seguridade viaria”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará