Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Benestar Social abre o prazo para solicitar axudas para desenvolver programas de política social

RR_Noticias

A Concellería de Benestar social destina a estas axudas un total de 100.000 euros. Unha axuda económica á que poden acceder aquelas asociación do Concello que leven a cabo programa de prevención da exclusión social ou promoción da inclusión social, promoción do voluntariado social, atención a infancia, prevención do illamento social das persoas maiores do noso municipio e prevención e promoción do coidado da saúde física, psíquica e social.

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) publicaba este mércores día 15 as bases da convocatoria da Concellaría de Benestar. O prazo para solicitar estas axudas é de 15 días naturais contados a partires do día seguinte ao da publicación do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia. Para o outorgamento das mesma terase en conta a repercusión no municipio valorándose entre outras cousas o número de participantes por programa, duración no tempo das actividades a realizar e o tipo de actividade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará