Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR agárrase á zona alta e Chapela sofre

RR_Noticias

As xogadores da SAR fixéronse co triunfo en Palencia, e seguen enganchadas á cabeza da táboa na División de Honra Prata. Peor lle vai ao Cíes Chapela, que acumulou outra derrota, nesta caso ante o Sieiro. Na Primeira Nacional Masculina o Chapela impúxose ao Rasoeiro mentres a SAR caía ante o Octavio.

División de Prata
Palencia 28-33 SAR Rodavigo
A SAR non perde o ritmo para pelexar polas dúas primeiras prazas de liga. O sábado fíxose cunha importante vitoria en Palencia (28-33). As xogadoras de Elisardo Covelo, Chini, mantéñense a un partido dos dous postos de cabeza. Tentarán acadar a meta o sábado, ao recuperar a xornada de menos que leva disputada. Será ante o líder, Puerto del Carmen, en Canarias. Un complicado encontro que permitirá saber se as redondelás poderán estar na peleza polos primeiros postos con León e Oviedo.
Cíes Chapela 21-26 Siero
As de Chapela perderon na casa ante o Siero, un dos rivais directos na zona baixa. Na próxima fin de semana teñen xornada de descanso. Regresan á competición o 2 de decembro, ante o Hand Vall La Cistérniga.
Primeira Nacional
Octavio 30-25 SAR Plastic Omnium
A SAR vendeu cara a súa derrota, pero finalmente non puido cos vigueses do Octavio que se manteñen na zona alta da clasificación. A SAR terá difícil mellorar a súa situación na próxima xornada, xa que reciben ao Lavadores, forte esta temporada como 5º clasificado.
Chapela 33-25 Rasoeiro
Tras catro semanas sen coñecer a vitoria por fin o Rodosa Chapela se atopou con triunfo. O Rasoerio non ameazou o partido, e os locais dominaron aos do Grove en todo momento. O Chapela, na sexta praza, xogará o sábado no Porriño, cos rivais na metade baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará