O Choco detivo onte a súa xeira de oito partidos sen coñecer a derrota en terras lucenses. O Racing Vilalbés demostrou atoparse nun gran momento de forma no campo da Magdalena, nun encontro cun intenso ritmo de xogo no que os de Redondela pagaron caros os seus erros. Na Segunda e Terceira Autonómica pleno de vitorias para os equipos locais.
Terceira DivisiónVilalbés 2-0 Choco
O primeiro gol asinouno José Varela ao cabecear un centro no que Cortegoso mediu mal a saída. Tras o tanto local, anotado na metade do primeiro tempo, os de Marcos Montes fixéronse co balón, pero sen definir ocasións claras. De feito, non sería ata a segunda metade cando os redondeláns crearon problemas á defensa local. O Choco conseguiu encadear varios ataques dos que o Vilalbés se defendía con algún agobio. E malia que todo facía pensar que chegaría o empate, no min. 63 Rubén Comesaña anotaba en propia porta o 2-0 para o Vilalbés, e o partido quedaba roto. Foi nunha acción por banda con centro raso. O xogador do Choco quixo golpear forte, e o balón rematou no interior da súa portaría. Coa derrota de onte, os de Montes baixan da 5ª á 7ª praza da táboa. Están a tres puntos do cuarto clasificado, o Boiro, que pecha as posicións de promoción de ascenso. Precisamente, serán os seus rivais en Santa Mariña o vindeiro domingo.
Racing Vilalbés: Marcos Souto, Diego López, Buyo, Pardeiro, Ameijenda, Javi Varela, José Varela, Lamas, Sergio Arias (Formoso, min. 87), Villares (Álex Pérez, min. 81), Rubén Gómez (Pablo Viveiro, min. 68).
Choco: Cortegoso, Javi González (Ronald, min. 70), Gándara, Lucas, Rubén Comesaña, Alberto Suárez, Marcos Pérez (Pablo Couñago, min. 73), Gabi Misa (Félix, min. 60), Escobar, Comis, Óscar Chiqui.
Goles: 1-0, min. 24: José Varela; 2-0, min. 63: Rubén Comesaña, en propia porta.
Segunda Autonómica
Choco B 2-0 Pontellas
O filial escala posicións, xa é 3º logo da vitoria ante o Pontellas, e queda a tan só 2 puntos do Tyde, 2º do grupo. O domingo xogará no campo do Vincios, situado na metade baixa da táboa.
Cerponzóns 0-2 Arcade
Manu Novoa e Buján asinaron a vitoria do Arcade, que defendeu sen problemas o liderado do grupo. A próxima xornada visita o campo do Cruceiro, situado na metade da táboa.
Terceira Autonómica
Chapela 3-1 Moledo
O Chapela aproveitou o feito de volver xogar como local e sumou tres puntos máis ante o Moledo, o que deixa aos redondeláns na 6ª praza do grupo. Na próxima xornada desprázase a Vigo para xogar no cmapo do Coia, que está na metade baixa da clasificación.
Estrella Dorada 0-3 Cesantes
O Cesantes sobe á 2ª praza do grupo despois da vitoria no campo do Estrella Dorada. Interesante encontro o que disputarán na próxima xornada, xa que reciben ao líder, o Poio, escapado na táboa con seis puntos máis no casilleiro, malia que tamén cun partido máis disputado.