Hoxe é Xoves 26 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Banco de Alimentos precisa de 30 voluntarios para a gran recollida en Redondela

RR_Noticias

Os próximos 1 e 2 de decembro, o Banco de Alimentos mobilizará a uns 2.000 voluntarios polos 155 hipermercados de Vigo e Pontevedra, así como das comarcas do Morrazo, Val Miñor, Baixo Miño, O Salnés ou Deza. Unha acción solidaria que tamén se vai desenvolver en Redondela, polo que fan un chamamento á colaboración cidadá xa que aínda son necesarios 30 voluntarios máis para organizar esa recollida no noso concello.

Para ser voluntario do Banco de Alimentos a persoa interesada ten que cubrir un formulario colgado na web http://www.bancoalimentosvigo.org/formulario/ ou tamén chamar ao 986 263022. . O obxectivo é igualar o éxito da edición pasada cando se recibiron ao redor de 310.000 quilos de alimentos (15.000 en Redondela) e, así poder seguir axudando ás 25.000 persoas desfavorecidas ás que se chega na provincia a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa o Banco de Alimentos.
A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo, creado en 1995, é unha entidade benéfica independente, apolítica, aconfesional e sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é axudar ás persoas máis desfavorecidas. Durante 2016, a ONG repartiu máis de 2 millóns de quilos de comida (2.108.608 quilos), o que supón un 25 por cento máis que durante 2015. Xa no seis primeiros meses de 2017, entregáronse preto de 1,2 millóns de quilos de alimentos na provincia de Pontevedra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará