O Pazos F.S. non conseguiu pasar do empate ante o Rececende, mentres que o Campito sufría unha goleada por parte do Vilalba. Na Autonómica Sur victoria para o Redondela F.S. ante o Mariñamansa por 5-3, mentres o Arealonga perdía ante o Baíña cun marcador de 1-4.
Terceira División
Pazos 4-4 Rececende
O Pazos F.S. non foi quen de pasar do empate ante un rival, a priori, inferior, como o Rececende. Un único punto que o fai descender ata a 8ª posición da táboa. As cousas poderían mellorar para os de Fran Amoedo, que na próxima xornada se desprazan a Copostela para xogar ante o Santiago B, situado en postos de descenso.
Campito 2-5 Vilalba
O Campito sufriu unha abultada derrota ante o equipo lucense, o que deixa aos de Chapela na 10ª praza do grupo. A próxima xornada terán un complicado encontro, mídense a un dos candidatos ao título, o Estrada FutSal, 2º na táboa.
Autonómica Sur
Arealonga 1-4 Baíña
Os de Chapela seguen como pechacancelas do grupo logo da derrota ante o Baíña. E difícil o van ter para abandonar esta posición, xa que o sábado xogan na pista de A Quinta de Tui, da metade alta da táboa.
Redondela 5-3 Mariñamansa
O Redondela F.S conseguiu impoñerse ao Mariñamansa, tamén na loita por saír da parte baixa da táboa. Con todo, seguen penúltimos. O sábado xogarán na pista de Os do Val, 9º do grupo.