A Asociación de empresarios de Redondela convoca hoxe unha reunión ás 20:30 horas na súa sede na rúa José Regojo. A esta reunión convócase, de forma aberta, a participar ás asociacións de comerciantes e empresarios que traballan pola defensa dun modelo comercial de proximidade baixo o lema “Polo comercio local. Non a Porto Cabral”.
O comercio local de Vigo e dos concellos limítrofes, entre eles o de Redondela, únense por unha causa común: a defensa do modelo de comercio de proximidade e a oposición ao proxecto de Porto Cabral. Por iso acaban de formar esta Plataforma que hoxe se reúne na sede da asociación de empresarios de Redondela.
Os integrantes desta Plataforma denuncian entre outras cuestións a información, ao seu entender interesada e manipulada, que se está a dar a cidadanía sobre Porto Cabral e avisar do que cren que sería a destrución de miles de empregos se este proxecto vai adiante, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local que colectivos como a Asociación de Empresario de Redondela ven defendendo desde hai anos.
Así mesmo, nesta reunión espérase realizar unha planificación das vindeiras actividades que teñen previsto poñer en marcha.