Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán en feminino amosa a súa mellor cara

RR_Noticias

Intratables as mozas da SAR que lograron unha contundente vitoria ante o Asmubal, Partido disputado en Redondela onde a SAR Rodavigo non tivo piedade co Asmubal Meaño e gañaba por 44-28. O conxunto de Redondela segue na terceira posición da División de honra prata feminina.  Vitoria tamén para o Cíes Obra Civil Chapela que lograba neste caso unha vitoria máis axustada nun partido disputado en Chapela ante La Cistérniga.

Un triunfo que se fraguaba na segunda parte do partido, xa que se chegaba ao descanso con vitoria das visitantes por 9-12. Con todo as de Chapela foron quen de sobrepoñerse e remontar ata o definitivo 23-21
Citas fóra da casa para os dous equipos locais. O Chapela xogará na casa do Cleba León e a SAR desprázase a Oviedo.
Na primeira nacional masculina os resultados non foron tan positivos. O Chapela logrou un reparto de puntos logo de empatar a 28 goles no encontro xogado no pavillón da parroquia contra o Lalinense. O Rodosa Chapela logrou o empate cun penalti a tempo parado transformado por Chema.
Peor lle foron as cousas aos xogadores da Sar Plastics Omnium que non puideron traerse os dous puntos en xogo da súa visita a Coruña. O OAR logrou unha vantaxe de catro goles ao descanso 13-9, diferenza que se mantivo no marcador final de 27-23.
Na próxima xornada o Chapela tentará defender a súa quinta posición na súa visita ao campo do Bueu. A SAR xogará na casa e recibirá a un dos fortes da categoría, o segundo clasificado o Calvo Xiria.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará