Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior mobilízase contra o trasvasamento do Verdugo a Eiras

RR_Noticias

Semana intensa a que se vivirá estes días en torno ao trasvasamento do río Verdugo para garantir o abastecemento de auga a Vigo e concellos da área. Este martes os portavoces municipais e os representantes do sector marisqueiro reuniranse coa conselleira do Mar Rosa Quintana e o presidente de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez. O mércores ás doce do mediodía está convocada unha concentración na ponte de Comboa. O BNG chama a cidadanía a participar para amosar o seu rexeitamento contra unha actuación con nefastas consecuencias medioambientais, económicas e sociais ao poñer en perigo a supervivencia de 200 familias que viven do marisqueo na localidade.

Os nacionalistas critican que dende a Xunta se estea a actuar en base a “unha política de feitos consumados” e entenden que unha actuación como o trasvasamento da auga do río Verdugo ao encoro de Eiras, coas repercusións que iso tería no medioambiental e no económico, require dunha profunda reflexión e un pormenorizado estudo. O voceiro nacionalistas Manu Lourenzo, insiste en que é preciso recorrer a outras solucións que pasan por mellorar as canalizacións e aplicar políticas de aforro de auga e así llelo van trasladar mañá á Conselleira nunha reunión na que tamén estará presente a presidenta da Confraría de Arcade, Rita Míguez. O mércores convocan á cidadanía a se mobilizar nunha protesta que terá lugar as doce do mediodía na ponte de Comboa e que chega precedida da manifestación vivida onte en Ponte Caldelas, na que centos de veciños, nese caso convocados polo propio alcalde, saíron a rúa para esixir que se paralice o proxecto. Para Lourenzo as dúas alternativas que se contemplan sería igual de desastrosas “a chamada alternativa 1 que captaría a auga na presa do inferno, partiría ademais pola metade o barrio de Aranza e tería un custo de 5.254.282 €. O segundo proxecto, a alternativa 2, captaría a auga na central de Laforet e dende alí bomberarían a auga a través de 6.675 km de tubaxes ata conectar con Eiras. Tería un custo de 5.489.335 € En ambos os casos, o caudal ecolóxico do río se vería seriamente afectado coas consecuencias que iso ten para o noso concello”.    

Manu Lourenzo BNG
Mobilizarse para parar o proxecto
Política de feitos consumados
Critica que non se teña reflexionado en torno a un asunto de tanta relevancia
Outras alternativas
Hai que buscar solucións que non supoñan un atentado ecolóxico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará