Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior sae á rúa en defensa do Verdugo e en contra do transvasamento a Eiras

RR_Noticias

Os veciños de Soutomaior pero tamén de Redondela e Vilaboa sumáronse onte a unha concentración protesta en contra do anunciado transvasamento de auga do río Verdugo ao encoro de Eiras para garantir o abastecemento de auga a Vigo e concellos limítrofes. Dende o BNG anunciaron que a súa representante no Parlamento Europeo, Ana Miranda, dirixirase á Comisión Europea para denunciar que o trasvase podería incumprir a normativa europea de augas pola posible afectación dos recursos hídricos e dos bancos marisqueiros.

Baixo o lema “Trasvase non! Salvemos os ríos! Salvemos os bancos marisqueiros!” centos de veciños saían ao mediodía de onte á rúa na ponte de Comboa para denunciar as nefastas consecuencias que o transvasamento proposto por Vigo e a Xunta de Galicia tería tanto a nivel medioambiental como económico e social ao afectar aos bancos marisqueiros de Arcade e Redondela. De feito, na protesta estaba presente a patroa maior de Arcade Rita Míguez, quen amosou a súa preocupación polos efectos que esta actuación tería para as 200 familias que viven do sector en Soutomaior. Dende o BNG, Manu Lourenzo acusaba ao goberno da Xunta de querer “engadir unha agresión máis a un río sempre maltratado e agredido, polo lume, polo abandono das  concas e agora por un proxecto que lle pretende roubar a auga” Un acto apoiado tamén polo BNG de Redondela cuxo responsable local, Anxo Lusquiños manifestaba a súa oposición “namentras non haxa un estudo que analice cales van ser as súas consecuencias”. Criticaba tamén unha obra que busca dar servizo a Vigo mentres nesa cidade non se establece un consumo racional da auga “queren resolver un problema creando outro aínda máis grave que vai prexudicar aínda máis a enseada de San Simón, unha obra letal para o sector pesqueiro e marisqueiro ao reducir a achega de auga doce a ría”.  

Manu Lourenzo BNG Soutomaior
Denuncia o maltrato continuo ao Verdugo
Anxo Lusquiños BNG Redondela
Reclama un consumo responsable e non actuacións que carecen de estudo de impacto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará