Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Goleada do Talleres ABC ao Campito

RR_Noticias

Xornada atípica para o deporte, co aprazamento de case todos os partidos no fútbol galego e tamén no fútbol sala por mor do temporal. Si se disputou o sábado o encontro do Campito en Chapela, no que os de Coruxo foron moi superiores. Derrota tamén en Autonómica Sur para Redondela F.S. e Arealonga ante Cesures e Valladares, respectivamente.

Terceira División
Xornada de descanso. O Choco volverá á competición o 17 de decembro en Santa Mariña ao líder, o Compostela.
Segunda Autonómica
Tyde – Choco B: aprazado polo temporal. Próximo encontro Choco B-Tomiño. Partido entre dous dos equipos que se xogan o ascenso, co filial do Choco no 2º posto, mentres o Tomiño é 5º, a tres puntos de distancia.
Atl. Cuntis-Arcade: aprazado. Próximo encontro Arcade-Unión San Paio. Importantísimo derbi na cabeza da táboa, co San Paio na segunda posición, empatado a puntos co líder, o Caldas, mentres o Arcade é agora 3º, cun punto menos.
Terceira Autonómica
At. Vilar 0-1 Matamá
Os redondeláns adiantaron a xornada ao festivo do mércores, e perderon pola mínima ante o Matamá, que os adianta na táboa. Na próxima xornada, día 17, derbi co Peña Beretes- At. Vilar. Partido entre o mellor e o peor clasificado dos equipos locais nesta categoría. O Vilar é 3º, mentres os anfitrións, o Peña Beretes, está no pozo da táboa, como 14º.
Lavadores- Peña Beretes: aprazado polo temporal
Peñasco- Chapela: aprazado polo temporal. Na próxima xornada Chapela-Lavadores, cos vigueses dúas posicións por riba do Chapela.
Cesantes, descansa. A próxima xornada, que será o 17 de decembro, reciben ao san Andrés, 8º.
Soutomaior, descansa. O 17, cando se reanude a liga, xogará no campo do Salcedo B, o pechacancelas do grupo.
Fútbol Sala Terceira División
Campito 3-8 Talleres ABC
Os Talleres ABC IES Coruxo eliminou calquera aspiración do Campito cunha contundente goleada (3-8) que lle permite aos vigueses subir á segunda posición da táboa. Bruno, autor dun “hat-trick”, liderou a vitoria en Chapela. Os de Santi Domínguez foron moi superiores ao Campito en todo momento, xa no descanso o marcador reflectía un rotundo 1-5 . Tras o descanso, os de Chapela arriscaron e conseguiu reducir distancias no marcador grazas aos goles de Jaime e Jorge, que deixaron o partido no 3-5 co que se alcanzaron os últimos minutos. Entón, o técnico local apostou por sacar o porteiro xogador, circunstancia que aproveitou os Talleres ABC para sentenciar a contenda cun tanto de Martín e un dobrete de “Pumu”. Con esta derrota, o Campito continúa na undécima praza do grupo galego de Terceira División. Na próxima xornada, o sábado 16, dispútase o Rececende-Campito. Difícil partido para os redondeláns, cos anfitrións en ascenso. Están dous postos por riba do Campito, con 6 puntos máis no casilleiro.
Pazos – 5 Coruña: aprazado por condensación na pista. Retoman a liga o sábado día 16 co partido Outeiro de Rei-Pazos. Os dous equipos están moi igualados na táboa, os de Fran Amoedo suman un punto menos, malia que hai que ter en conta que tamén levan unha xornada menos.
Autonómica Sur
Arealonga 4-9 Valladares
Os de Chapela seguen como pechacancelas do grupo logo da derrota ante o Valladares, cos vigueses respirando algo máis tranquilos, máis afastados da parte baixa da táboa. O sábado visitan a pista do Mariñamansa, o terceiro equipo en postos de descenso. Con todo, a situación dos dous conxuntos é ben diferente. O Arealonga non levanta cabeza desde que comezou a liga, tan só suma 1 punto, mentres o Mariñamansa leva 8.
Redondela F.S. 1-2 Cesures
Os de Javier Merino deixaron escapar uns puntos importantísimos ante un rival directo pola permanencia e seguen no pozo da táboa, mentres o Cesures sae dos postos de descenso. O próximo sábado repiten como locais, reciben ao Bembrive, que é 10º, e duplica o número de puntos dos redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará