Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Suspenden a Carreira de Nadal ante as críticas da Asociación de Empresarios pola data elixida

RR_Noticias

A Concellería de Deportes ven de anular esta proba que estaba convocada para as cinco da tarde do día 24 de decembro. Os motivos que levaron a esta decisión foron as críticas amosadas dende a Asociación de Empresarios quen reclamaban un cambio de data para evitar as negativas repercusión que esta carreira ten no comercio local. Argumentan que o corte de tráfico no casco urbano disuade ao cliente que renuncia a facer as súas compras de última hora ou se despraza a localidades limítrofes. Entenden no Concello que un cambio de data ou no horario na convocatoria “non procede polas propias características da proba”. Con todo, o edil de deportes Julio Mougán confía en que se poderá recuperar esta cita en vindeiras edicións.

A II Carreira de Nadal que organiza o Concello en colaboración coa Asociación deportiva CAR estaba convocada para o domingo día 24. Unha data a elixida para este evento moi contestada dende a Asociación de Empresarios xa que, segundo lle trasladaron ao concelleiro de deportes “é unha xornada de importantes ventas de última hora para o comercio local, clientes que ante o peche do tráfico no casco urbano optan por renunciar a esas compras ou facelas en municipios limítrofes”. Malia reunirse en varias ocasións non houbo acordo de cara a introducir modificacións na data ou no percorrido xa que, engade Mougán “a carreira ten unhas características propias de horario e percorrido, polo casco urbano e na tarde da Noiteboa, e ante a falta de consenso optamos por suspender o evento”. O edil adianta que de cara o vindeiro ano tentarase recuperar a proba porque “entendemos que é interesante a nivel deportivo pero tamén comercial, xa que a presenza de medio milleiro de persoas que eran as esperadas nesta edición, entre atletas e acompañantes, pode ser un reclamo para Redondela e para o propio comercio, que se pode beneficiar desa afluencia de público”. Dende a Asociación Deportiva CAR, colaboradores na organización da carreira, amosaron o seu desacordo ante a anulación dunha proba “motivada polas presións da Asociación de empresarios de Redondela”.  

Julio Mougán edil de deportes
O concelleiro explica os argumentos que lle traslada a Asociación de Empresarios
Falta de consenso
Ante a falta de acordo optan por suspender a carreira
Futuro
Confían en poder recuperar o evento no vindeiro ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará