Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O derbi queda en Chapela

RR_Noticias

O Rodosa Chapela foi o claro vencedor do encontro disputado esta fin de semana no pavillón da parroquia logo de vencer por 32 goles a 26 á SAR Plastic Omnium. O adestrador da SAR intentou facerse co partido cunha defensa 3-3 pero foi incapaz de sorprender aos anfitrións que ao descanso vencía por 16-12 e que mantiveron a vantaxe ata o final. Na división de honra prata feminina temos que falar de dúas derrotas para os equipos locais.

Así a SAR, malia amosar unha gran imaxe na súa visita a terras canarias, nada puido facer para vencer ao líder da categoría, o Lanzarote Puerto del Carmen. As de Redondela levaron o mando no partido, pero nos últimos dez minutos as canarias conseguiron imporse por 30 goles a 28.
Derrota tamén para o Cíes Obras Civil Chapela que caía pola mínima ante o Camargo. Un equipo o de Chapela que acusou a falta de xogadoras, con tres que quedaron na casa enfermas e dúas que viaxaron con febre. 24-23 foi o resultado do partido que deixa as de Chapela no décimo posto da clasificación. A competición non regresará ata o 14 de xaneiro. Nesa data o Chapela xogará co Palencia e o Redondela, dende a cuarta praza da categoría, recibirá ao Carballal.
Tamén periodo de descanso para os equipos masculinos. O Chapela terá un duro regreso das vacacións cun partido fóra da casa e contra o líder, o Atlético Novás. A SAR situado no penúltimo posto da clasificación, recibirá ao noveno, o equipo da Cañiza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará