Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER solicitará ao pleno de Redondela que se posicione contra o trasvasamento do Verdugo

RR_Noticias

A Agrupación de electores presentará unha moción no pleno na que solicitan que se curse unha denunciar contra a Xunta “por delito ambiental e por agredir o ecosistema do Río Verdugo e dos bancos marisqueiros sen contar sequera con estudos de impacto ambiental”. Instan tamén que o Concello empregue os seus servizos xurídicos e todos os mecanismo legais e administrativos existentes para “defender os veciños da agresión que suporía este travase”.

Unha moción que a Agrupación de Electores presenta de cara a sesión plenaria que se vai celebrar o vindeiro 28 de decembro e na que recollen outras propostas encamiñadas e evitar que se leve a cabo o transvasamento de auga do Verdugo a Eiras, proposta dende o concello de Vigo como xeito de evitar o desabastecemento da cidade e doutras localidades no caso de repetirse a situación de seca.
Así, reclaman ao concello que se dirixa a Augas de Galicia, a Xunta e a Consellería de Medio Ambiente esixindo a inmediata paralización deste trasvase e que se busquen solucións sensatas, ecolóxicas e sostibles para a xestión da auga na nosa contorna. Piden ademais que o Concello de Redondela manifeste o seu apoio expreso ás mobilizacións que se convoquen contra o trasvasamento.
Explican dende a Agrupación que un dos motivos que leva a esta situación é a falta de adopción de medidas de consumo responsable e do control debido sobre as empresas concesionarias para que acometan as melloras correspondentes que eviten a perda de auga. Por ese motivo, entenden que é preciso esixir á empresa encargada da xestión da augas en Redondela que “detecte e acometa de xeito inmediato todas as actuacións necesarias para a reparación das fugas de augas da rede municipal de abastecemento”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará