Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un galardón premia a xestión dos residuos municipais en Redondela

RR_Noticias

O Concello de Redondela recibía na mañá de hoxe de mans de Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente un premio que o recoñece como o Concello máis recicla-activo de Galicia. Un premio dotado con 2.500 euros e que supón un recoñecemento a un proxecto global no que se inclúen accións diversas encamiñadas a fomentar a reciclaxe en todos os ámbitos.

“O carácter transversal da propostas recollidas no plan elaborado dende a Concellería de medio ambiente, con accións que buscan a implicación da cidadanía e o seu compromiso na reciclaxe é o que nos levou a elixir este concello como o máis recicla-activo de Galicia” así o explicaba Mª Cruz Ferreira, Directora Xeral de Medio Ambiente na entrega do premio que tivo lugar na mañá de hoxe. Unha iniciativa que ten como obxectivo premiar a organización de actividades relacionadas coa redución, reutilización e reciclaxe dos residuos domésticos a nivel municipal no último ano. Logo de valorar as candidaturas recibidas resultou gañador Redondela pola “súa implicación na xestión eficiente dos residuos municipais e a calidade e coherencia das actuacións desenvolvidas para contribuír a incrementar os niveis de reciclaxe no seu ámbito territorial”. Como gañador, o concello recibía un diploma acreditativo e un premio en equipamento urbano medioambiental valorado en 2.500 €, un premio que segundo manifestaba o responsable de Medio Aambiente, Miguel Ángel Álvarez “supón un acicate para seguir traballando e un aplauso a labor do concello pero sobre todo dos veciños que cada día están máis concienciados”. Un plan no que se inclúen accións en todos os ámbitos como charlas nos centros de ensino, campañas na rúa, iniciativas que buscan tamén concienciar a través da solidariedades, como recoller vidro que se traduce en doazóns, reparto de composteiros e posta en marcha da compostaxe comunitaria ou promover accións nos grandes eventos para sensibilizar. Accións que contribuíron a incrementar a reciclaxe en xeral e, en particular, o edil Miguel Ángel Álvarez facía referencia á recollida de aceite usado de uso domésticos que pasou de 3000 litros a 7.500 “cantidade que contamos con incrementar notablemente coa colocación de 25 colectores cun novo sistema de recollida”.  

Mª Cruz Ferreira Directora Xeral de Medio Ambiente
Un proxecto trasversal
MIguel Ángel Álvarez concelleiro
Felicita a todos os implicados no proxecto incluída a cidadanía
Xesús Bravo técnico de Medio Ambiente
Propostas orientadas a todos os públicos
Reciclaxe de aceite
Un dos aspectos no que máis se ten avanzado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará