O Concello de Redondela, dentro dos actos de Nadal, organiza dúas sesións de cine para gozar da película “O Apóstolo”, de Fernando Cortizo, un dos filmes de animación máis ambiciosos producidos en España dentro do xénero de acción e fantástico. Os pases serán hoxe martes, día 26 e mércores 27, no Multiusos de Redondela e Chapela, ás 19:00h. A película está recomendada para maiores de 7 anos e as entradas, que son de balde, pódense retirar o mesmo día da proxección dende as 6 da tarde.
Unha actividade organizada dentro da programación de Nadal que continúa tamén coa ludoteca da que poden gozar nenos e nenas na casa da Cultura de Redondela e no local Agarimo de Chapela. Hoxe e mañá o horario será de cinco a sete da tarde con actividades de carácter científico e unha clase de master chef.