Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia a falta de amparo da veciñanza ante o “catastrazo”

RR_Noticias

Denuncian que o PP incumprira un acordo plenario aprobado en decembro do ano pasado para que o goberno de Javier Bas fixera unha reestruturación puntual do cadro de traballadores do concello para poder asesorar e axudar á veciñanza afectada polo plan de Regularización extraordinario, o chamado “Catastrazo”, levado a cabo polo Ministerio de Facenda.

Case un ano máis tarde, “o goberno de Redondela segue a facer oidos xordos desta demanda plenaria, e o que aínda é máis grave, segue a dar as costas a veciñanza nun tema que está afectando a gran parte da poboación”. Nas últimas datas, a xente está a facer grandes ringleiras na oficina de recadación de Ernestina Otero debido a que, toda a veciñanza que a finais do ano pasado se viu afectada polas “denuncias” realizas pola empresa que levou a cabo o plan extraordinario de regularización, agora reciben outra notificación para facer fronte ao pago do IBI de catro anos atrás das estruturas denunciadas.
Moitas das persoas afectadas descoñecían que terían que facer fronte a este pago, xa que, cando recibiran a primeira notificación xa tiveran que facer fronte a un pago de 60€, que significaba a apertura do expediente, e moitos pensaron que con ese pago o tramite estaba rematado. Co cal a sorpresa e indignación na veciñanza e grande tras recibir as novas notificacións.
Os socialistas denuncian “a falta de interese do goberno municipal pola veciñanza ao non por a disposición dos afectados nin os medios necesarios nin a información para resolver esta problemática”. “Parece que o único interese deste goberno e recadar e recadar sen importar a quen lle poda afectar” e engaden “un goberno que presume de boa xestión económica que oculta que se dedica a facer grandes recadacións afogando aos redondeláns e redondelás coa súa presión fiscal a través de trámites como este ou o da plusvalía anos atrás”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará