As malas condicións meteorolóxicas previstas para hoxe e mañá levaron ao Concello de Redondela a aprazar a actividade prevista para estes días “O expreso de Simona”.
Estaba anunciada na programación de Nadal e consistía nun tren turístico para que os nenos puidesen percorrer a vila para atoparse coa Coca Simona e un paxe dos Reis Meigo.