Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Audasa cortará ao tráfico o terceiro carril da AP-9 á altura do CEIP Igrexa en Chapela

RR_Noticias

Satisfacción entre os pais de alumnos do colexio Igrexa logo de recibir o compromiso por parte do Ministerio de Fomento que o carril pegado ao centro de ensino se pecharía á circulación. Desde o goberno local agradecen a “sensibilidade” do ministerio ante a demanda dos veciños e o Concello.

De “éxito”cualifican na ANPA do Ceip Igrexa a xuntanza mantida este mediodía na Subdelegación do Goberno en Pontevedra entre o alcalde, Javier Bas, e representantes do ministerio e a concesionaria da autoestrada, na que tamén participaron representantes dos pais. O obxectivo do encontro era abordar “a seguridade dos alumnos do centro” unha vez aberto ao tráfico o terceiro carril da AP-9 ao seu paso por Chapela, e que nun tramo discorre “pegada” ao colexio. Tanto pais como Concello solicitaron que o carril pegado ao centro sexa “unicamente de aceleración do tráfico procedente do acceso á AP-9 en Chapela”. As familias consideran que o muro de contención construido por Audasa “non é unha garantía de seguridade suficiente” para os nenos. Fomento comprometeuse este mediodía a recuperar nese tramo a situación previa á inuguración das obras, balizando o terceiro carril. Segundo explicou a tenente de alcade, Carmen Amoedo, será no prazo “duns 10 días” cando o peche ao tráfico se faga efectivo, xa que Audasa debe instalar a sinalización pertinente para indicar aos conductores que nese tramo “se reduce un carril”. Desde o goberno local manifestan tamén a súa satisfacción coa decisión de Fomento, que deste xeito amosa “sensibilidade” ante a preocupación dos veciños pola situación na que quedaba o colexio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará