Tres persoas dunha mesma familia, entre elas unha nena, resultaron feridas leves nun accidente que se producía na tarde de onte no barrio de Angorén en Chapela. O sinistro produciuse cando o vehículo no que viaxaban precipitábase ata unha finca por un desnivel duns dous metros de altura.
Todo apunta a que a condutora do turismo quixo esquivar outro vehículo no Camiño do Olmo e o vehículo saíuse da vía, quedando envorcado de lado. No lugar do accidentes, que se producía as catro da tarde, achegáronse efectivos da policía local e do 061.