Tivo algo que ver Eifel na construción do viaduto? Ata onde chegaba o mar en Redondela? Quen está soterrado no cemiterio dos Eidos? Como estaba dividida territorialmente a vila de Redondela no pasado?… pois a esas e outras moitas preguntas responderá Soledad Chayán, guía oficial de turismo de Galicia, nas visitas guiadas que nas fins de semana organiza a concellería de turismo completamente de balde. Seis percorridos diferentes nos que se afondará na historia, arquitectura e riqueza natural do noso concello. Inscrición no 667 401 909.
Logo do éxito das visitas celebradas durante o verán e que permitiron a turistas e veciños coñecer un pouco máis a fondo os atractivos tantos históricos como culturais e arquitectónicos, naturais, industriais e comerciais da vila, esta fin de semana retómase esta iniciativa aínda que con algunhas novidades. Ante a dificultade de englobar nun único itinerario todos eses valores, a persoa encargada de coordinar a actividade, Soledad Chayán decidiu establecer seis percorridos diferentes que abarca toda a historia da vila. Ademais dunha visita xeral polo casco, un percorrido nocturno, un achegamento á Redondela medieval e a Redondela moderna haberá tamén un percorrido que se desprazará ata a Portela e que permitirá coñecer os cambios das infraestruturas portuarias así como a biodiversidade da zona. E complétase esta oferta cunha visita centrada exclusivamente no cemiterio dos Eidos no que se falará da orixe, arquitecturas e símbolos que alí se atopan. Cada fin de semana faranse percorridos alternativos en horarios diferentes, para poder chegar a máis público, con saída en todos os casos dende a oficina de turismo 15 minutos antes do comezo da saída. Uns percorridos de balde pero nos que cómpre inscrición previa xa que os grupos contarán cun máximo de 25 persoas. Toda a información pódese atopar no facebook Redondela, mellor con guía, onde Chayán irá subindo información puntual de cada unha das propostas. Con todo, para este mes de xaneiro xa se prevías as seguintes saídas: XANEIRO DATA HORA VISITA SÁBADO 13 19:30 XERAL POLA VILA SÁBADO 13 21:00 NOCTURNA SÁBADO 20 19:30 REDONDELA MEDIEVAL DOMINGO 21 11:30 REDONDELA MODERNA SÁBADO 27 19:30 CEMITERIO DOS EIDOS DOMINGO 28 11:30 PORTELA