Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Samuel Blanco ficha polo Cortizo Anova de Padrón

RR_Noticias

O Cortizo-Anova empezou a confeccionar o seu persoal elite e sub 23. Tras as renovacións dos seus mellores corredores, pechou a fichaxe de Samuel Blanco. O ciclista de Chapela, de 23 anos de idade, chega ao equipo padronés despois dunha tempada como profesional no conxunto portugués A Metalusa. Agora, de volta ao campo amateur, o corredor redondelán perfílase como un reforzo de calidade para a escuadra padronesa.

Antes da súa experiencia no campo profesional, Blanco conta cun amplo palmarés tanto en categorías inferiores como na súa etapa sub 23 e elite. Militou entre o 2011 e o 2013 no Ciclista Vigués, anos nos que empezou a despuntar e foi por primeira vez convocado pola selección galega. Entre o 2014 e o 2015 competiu no Froiz, onde asumiu o papel de gregario, conseguindo ser seleccionado para o Campionato de España. No 2016 fichou polo Rías Baixas e obtivo os seus mellores resultados. Logrou a vitoria na Volta a Galicia e o campionato galego de fondo. Estes resultados permitíronlle subir a categoría profesional no 2017. Ciclista novo e todoterreo, defínese como “un escalador para portos longos e de pendente considerable”. Confía ademais nos súas dotes na contrarreloxio. Explica que é capaz de rodar rápido por zonas chairas ou ben “rompepernas”. Os finais de etapa que máis se axustan ás súas condicións son “os que teñen un porto preto da meta ou que finalizan coroando o mesmo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará