Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama que se manteñan as bonificacións para os usuarios do Vitrasa de Redondela

RR_Noticias

A eliminación da coñecida como “tarxeta verde”, que permite acceder a billetes bonificados cando se emprega este servizo, está a provocar unha importante preocupación entre os seus usuarios de Redondela. Os nacionalistas entenden que ditas bonificacións das que gozan os veciños e veciñas de Chapela son “dereitos adquiridos” e lembran que se trata “dunha compensación que tivo que asumir Vitrasa ao adquirir a liña de transporte intermunicipal que superaba o límite da cidade percorrendo grande parte desta parroquia”. Dende o Bloque apuntan que a solución pasa “polo desenvolvemento real da Área Metropolitana”.

Neste sentido afirman que se deben manter estes dereitos pois Vigo tamén sae beneficiada; na medida en que se emprega o transporte público, redúcese o número de vehículos particulares na cidade.
Dende o BNG apostan por poñer en marcha o transporte metropolitano, para que se trate a o conxunto dos e das cidadás por igual. “Para iso o primeiro que hai que facer, é retirar o contencioso presentado pola Xunta de Galiza, e sentarse a negociar”. Neste sentido consideran neglixente a actitude do alcalde de Redondela, Javier Bas, ao abandeirar esta paralización, en contra dos intereses dos e das redondeláns. Ìnstano a que asuma o seu papel de alcalde para forzar á Xunta “a definitiva posta en marcha da Área Metropolitana. “A atención á veciñanza deben estar por riba dos intereses partidistas” destacan na súa nota.
Finalmente dende o BNG, certifican o apoio ás distintas iniciativas e mobilizacións da Asociación de Veciños de Chapela, para que se “acade o obxectivo de manter a bonificación do transporte público e eficiente”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará