Sar Rodavigo e Cíes Chapela non defraudaron nas súas citas da fin de semana con vitorias para os dous equipos, o primeiro ante o Carballal (29-23) e o Chapela ante o Palencia (23-18). Resultados dispares na primeira nacional masculina, con empate da SAR Plastic Omniun ante o Cañiza (23-23) e derrota do Rodosa Chapela que caía ante o líder, o Acanor Novás (26-23).
Na División de Honra prata feminina o equipo de Chapela fíxose co partido ante o Palencia. Importante remontada do equipo Cíes Obra Civil que foron capaces de superar un resultado adverso. Logo de ir perdendo todo o partido, no minuto 50 puxéronse por diante por primeira vez nese encontro disputado no pavillón de Chapela e lograron finalmente facerse co partido por 23-18. Na vindeira semana as xogadoras de Chapela desprázanse a Gijón.
Vitoria tamén para a SAR no primeiro partido do ano ante o Carballal por 29-23. Un triunfo que mantén ás de Redondela na cuarta posición. Unha situación que defenderán o vindeiro sábado no campo de La Cistérniga.
Na primeira nacional masculina empate para a Sar Plastic Omnium que lograba o reparto de puntos no último minuto do partido grazas a un gol de Brais. Partido polo tanto que acabou en táboas, 23-23 ante o Saeplast Cañiza.
Derrota para o Rodosa Chapela que se enfrontaba ao líder do grupo, o Acanor Novás. Os do Rosal lograron facerse cun encontro que rematou co resultado de 26-23.
Logo dos resultados desta fin de semana o Chapela mantense nos postos altos da categoría, son quintos e na vindeira semana xogan no campo do Luceros, equipo situado na parte baixa da táboa. Na zona de perigo segue a SAR, na decimocuarta posición e reciben na vindeira xornada ao Camariña