Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carmen Amoedo: “Vigo non ten capacidade xurídica para limitar as bonificacións no Vitrasa”

RR_Noticias

A finais de marzo deixará de estar en funcionamento a tarxeta verde que permite aos usuarios do Vitrasa gozar de rebaixas no billete. Nesa data entrará en vigor a coñecida como passVigo, accesible exclusivamente aos empadroados na cidade. O goberno local dubida de que esas restricións se vaian facer efectivas porque, asegura a súa tenente de alcalde, Carmen Amoedo “Vigo non ten capacidade xurídica para establecer bonificacións no transporte urbano en base ao lugar de empadroamento do usuario”. En todo caso, instan ao alcalde vigués, Abel Caballero “a non ser corto de miras” e cumprir o Convenio do transporte Metropolitano.

“O bonobús é un abono para todos os que usan o autobús, independentemente do seu empadroamento”, este argumento é esgrimido dende o goberno local para non actuar, polo de agora, nun problema que afecta a numerosos veciños do noso concello. Son usuarios do Vitrasa, sobre todo de Chapela pero tamén de Trasmañó, Rande, Vilar e outros parroquias que ven como un feito consumado que a partir de marzo terán que comezar a pagar 1,35 euros por un billete que actualmente lles custa 0,89. Insta a tenente de alcalde Carmen Amoedo ao rexedor vigués a “cumprir o acordo que asinou sobre o transporte metropolitano e asumir as bonificacións de todos os que usen ese transporte, porque non se trata dun trasporte municipal senón dun servizo para toda a área”. Malia a confianza amosada dende o goberno local sobre que estas bonificacións non desaparecerán para os usuarios de Redondela, a Asociación de Veciños de Chapela convoca aos afectados a unha reunión as 21:00 horas de hoxe en Cidadelle para aborda o asunto.  

Carmen Amoedo tenente de alcalde
Dubida que os usuarios non empadroados en Vigo vaian quedar sen o bonobus
Transporte metropolitano
Critican a Abel Caballero por falta de miras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará