Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela licita a urbanización dos terreos do novo colexio Igrexa

RR_Noticias

O Concello ven de abrir o prazo de licitación para contratar a urbanización dos terreos da Finca da Ginaria. A actuación suporá un investimento de 865.312 euros segundo as bases recollidas no anuncio publicado no Boletín Oficial da provincia (BOP) e establece un prazo de execución de cinco meses unha vez adxudicada a obra. As empresas interesadas en realizar o proxecto contan cun prazo de 26 días para faceren as súas ofertas.

Primeiros pasos en firme para iniciar as obras que deberían resolver a situación da comunidade educativa do Colexio Igrexa, pendente da construción do novo colexio na coñecida como Finca da Ginaria en Cidadelle e o seu posterior traslado.
A urbanización deste terreo de 34.000 metros cadrados será financiada polas arcas municipais e conta cun orzamento inicial de máis de 865.000 euros. A empresa contratada será a encargada de acometer as obras comprendidas no proxecto redactado pola empresa Interurban S.A. no que se inclúe a execución e acondicionamento de vías públicas, abastecemento de auga, saneamento, subministro de enerxía eléctrica, infraestruturas de telecomunicacións, redes de gas, zonas verdes, sinalización e dotación de mobiliario urbano.
Para realizar esta obra a empresa adxudicataria contará cun prazo de execución de cinco meses.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará