Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama ao goberno local que restableza as axudas eliminadas ás Comunidades de Augas

RR_Noticias

Aseguran os nacionalistas que estas entidades están atravesando unha grave crise económica. Poñen como exemplo a situación da traída de augas de Vilar de Infesta “practicamente sen fondos para asumir o mantemento do servizo e cuxa situación agravouse logo de ter que facer fronte a numerosas roturas, máis de vinte, na Baixadas aos Campos de Vilar”. Instan ao Concello a colaborar con estas Comunidades “que aseguran o subministro á metade das vivendas do concello”.

Nas parroquias de Redondela, as Comunidades de Auga encárganse practicamente de xestionar todo o ciclo da auga, dende as captacións, as conducións, o control do consumo, o mantemento, as altas de comuneiros e comuneiras… Están a suplir nas parroquias, segundo o edil nacionalistas Xoán Carlos González “unha responsabilidade que lle competiría ao Concello, polo que a colaboración económica é básica”.
Moitas Comunidades están atravesando unha grave crise económica. É o caso da Traída de Augas de Vilar de Infesta onde hai varios meses anunciaron que practicamente carecían de fondos  para asumir o mantemento e cuxa situación agravouse ao ter que reparar numerosas roturas. Salienta igualmente o concelleiro do BNG, que a seca, e os continuos cortes de subministro deterioraron aínda máis as tubaxes de condución, multiplicándose os gastos.  Acusan ao goberno de Javier Bas de “trato discriminatorio, eliminando as subvencións de ata 30.000€ anuais, acusando á veciñanza de buscar auga máis barata que a municipal” e reclaman que o goberno que restableza as axudas económicas ás Comunidades de Auga.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará