O Choco puxo o xogo e a intención, pero os tres puntos sumounos o Céltiga. Os de Marcos Montes, malia poñerse por diante no marcador, non souberon aproveitar as súas ocasións para sentenciar e os anfitrións déronlle a volta ao marcador. Na Segunda Autonómica gañaron o Choco B e o Arcade. Na Terceira División do fútbol sala, Campito e Pazos sumaron.
Tercera División
Céltiga 2-1Choco
Foron os de Marcos Montes os que asumiron o control do balón e do xogo, cun Céltiga máis preocupado por defender a súa portería. Pero o dominio dos de Redondela non se plasmou en manifestacións claras de gol. O gol do Choco chegou nun erro defensivo dos locais. Rubén Comesaña e Antón Vilas gañáronlle as costas á defensa e un disparo cruzado serviu para bater a Manu Táboas. Mesmo puido o Choco aumentar a súa renda, pero un disparo de Antón Vilas foise demasiado cruzado. E logo chegou o empate. Todo arrincou cunha acción por banda de Paco que foi prolongada por un centro de Eloy que Yago Vázquez, no seu intento de despexe, introduciu na portaría de Cortegoso. Co empate a un, os da Illa foron a polo partido. Foron 25 minutos de tendencia claramente á alza das opcións de triunfo do Céltiga. Con todo iso, o tanto que significaría o 2-1 definitivo chegou nunha acción de contraataque que Adrián culminou desde fóra da área. A derrota do Choco deixa aos de Marcos Montes na 10ª posición da táboa. Esta semana preparan o encontro de Santa Mariña ante o Arosa, cos visitantes un posto por encima dos redondeláns.
Segunda Autonómica
Choco B 2-0 Goián
O filial sobe ao 4º posto con esta vitoria, e na próxima xornada xoga no campo do San Esteban, co equipo de Beade na metade baixa da táboa
Salcedo 1 -2 Arcade
Os de Soutomaior escalan á 2ª praza logo da vitoria. Na próxima xornada reciben ao Puentecaldelas, na metade baixa da táboa.
Terceira Autonómica
Chapela 1-3 Arenas Alcabre
Insperada derrota do Chapela, que os deixa na 6ª praza. Na próxima xornada xogan no campo do Sampayo, equipo da metade baixa da táboa.
Peña Beretes 2-8 Descanso Sampayo
O Beretes segue penúltimo logo da derrota. O domingo xogará no campo do R.Vilariño, pechacancelas do grupo.
Coia 1-1 Vilar
O empate sérvelle ao Vilar para subir dous postos, grazas aos tropezos dos rivais directos. Agora son 4º do grupo. O próximo domingo reciben ao Nespereira, no pozo da táboa.
Cesantes, descansou
Os de Redondela están no 5º postos, en posición de promoción de ascenso, logo da xornada de descanso. O domingo volven á competición, e reciben ao Caroi, da metade baixa da táboa.
Soutomaior 7-1 Estrella Dorada
O Soutomaior segue como 6º do grupo, en promoción de ascenso, logo da goleada sobre o Estrella Dorada. Máis complicado terá sumar naa próxima xornada, visita o campo do Poio, líder do grupo.
Fútbol Sala Terceira División
Campito 3-1 Academia Coruña
Importantísima a vitoria dos de Chapela, que lles permite manterse nunha cómoda posición na táboa ante un dos seus rivais directos. Na próxima xornada xogan no pavillón do Santa Isabel F.S. Desprazamento longo a Outeiro de Rei, en Lugo, e ante un rival difícil. Os anfitrións son 8º, con 10 puntos máis que os de Chapela.
Pazos 9-4 Bueu
Os de Fran Amoedo manteñen o 3º posto logo de golear ao Bueu, nun partido no que o Pazos foi o claro dominador. O sábado xogan na pista do Carballiño F.S., o pechacancelas do grupo.
Autonómica Sur
Redondela, descansou. O sábado volve á competición para recibir ao Celado. Difícil rival, xa que os de Mos son 3º e pelexan polo ascenso.
Vincios Cereixa 11-2 Arealonga
Os de Chapela caeron goleados, e seguen afundidos no pozo da clasificación. Na próxima xornada reciben ao Cesures, un duelo entre os dous equipos situados en postos de descenso.