Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BM Chapela viaxa a Lanzarote co obxectivo de ampliar distancias cos postos perigosos da táboa

RR_Noticias

Logo da vitoria ante o Asmubal Meaño, o Cíes Obra Civil Chapela pon terra de por medio coa parte baixa da clasificación. O domingo xogan en Canarias ante outro rival directo, o Lanzarote Zonzamas, situado unha posición por baixo das de Chapela.

Na división de Honra Prata do balonmán feminino, tanto a cabeza da táboa onde está a SAR, como a cola, están moi apertadas. Pero o equipo que adestra José Luis Martínez “Lupo” xa conseguiu meter a catro equipos por baixo. A vitoria na casa ante as de Meaño fixo posible ampliar distancias co Asmubal, e deixar xa moi lonxe a Palencia e Seis do Nadal. O técnico amósase satisfeito co rendemento do equipo, malia que recoñece que en moitos partidos faltoulles “rematar a faena”. Deixaron escapar moitos puntos en partidos como o de Xixón, no que perderon no último minuto, pero confía en mellorar os resultados na recta final da liga. O domingo xogarán ante outro rival directo, o Lanzarote Zonzamas, situadas tan só un posto por baixo no grupo, con dous puntos menos que as de Chapela. “Lupo” agarda que a longa viaxe a Canarias non lles pase factura, e poder traer un resultado positivo das illas. O encontro será o domingo ás 12.00 no pavillón municipal San Bartolomé. Á mesma hora xogará a SAR, as redondeláns defenderán a 3ª praza ante o Xixón no pavillón municipal La Tejerona.

José Luis Martínez "Lupo" adestrador
O técnico fala da boa temporada do equipo malia que en moitos partidos faltoulles serenidade aguantar o resultado.
Lanzarote Zonzamas-Cíes Chapela
No partido do domingo en Lanzarote buscarán afastarse máis dun dos seus rivais directos pola permanencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará