Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sete centros de ensino público de Redondela súmanse a un programa de reforzo educativo

RR_Noticias

As liñas máis demandadas polos centros son as actuacións de mellora das competencias clave, o programa de Reforzo, orientación e apoio fóra do horario lectivo e a mellora da convivencia. Trátase dunha iniciativa da Consellería que busca ser un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan aplicar un plan de mellora específica en función das necesidades detectadas entre o seu alumnado.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva dos contratos-programa na que se inclúen un totla de sete centros de ensino público de Redondela. Concretamente son os centros Outeiro das Penas de Cesantes, Santa Mariña, Cedeira, Igrexa e Laredo e os institutos de Chapela e o Pedro Floriani de Redondela. Son un total de 212 centros públicos da provincia de Pontevedra os que se beneficiarán desta iniciativa, que ten como obxectivos promover a excelencia educativa e loitar contra o abandono escolar.
Os contratos programa arrancaron hai seis anos como instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan levar a cabo un plan de mellora específico en función das necesidades detectadas entre o seu alumnado. Na convocatoria deste ano incorporouse unha nova liña de actuación (a sétima) exclusiva para o alumnado de 3º e 4º de ESO e de FP Básica que presenta baixos resultados académicos co fin de reforzar, preferentemente, as competencias matemática, lingüística e en ciencia e tecnoloxía.
A súa finalidade última é acadar unha mellora da calidade do ensino para reducir a porcentaxe de alumnado con baixo rendemento. Para iso, cada centro docente analiza as súas eivas e fortalezas e propón á Administración educativa a sinatura dun documento, “o contrato-programa”, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado. Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros, posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas necesidades particulares.
Polo tanto, a iniciativa permite visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento, tanto do centro como da Administración educativa, para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará