O centro educativo de Chapela ven de ser seleccionado como centro piloto para levar a práctica un proxecto sobre Educación Aeroespacial. Consistirá nunha competición tecnolóxica entre centros educativos que busca montar unha sonda que será enviada ao espazo nun globo aeroestático.
O proxecto é unha iniciativa de Laconnetwork, Asociacion Galega de Innovadores en colectivos de empresas vencelladas as tecnoloxías, na cal participan as mellores e máis innovadoras empresas e startups galegas no eido da investigación e desenvolvemento.
O obxectivo do proxecto HANA e facer unha competición tecnolóxica entre centros educativos que xunto cun mentor que logren: montar, enviar, recuperar e obter datos, imaxes/vídeos dunha sonda ao espacio que incluirá un simulador de vida.
O alumnado que participe da proposta terá a súa disposición recursos e materiais para poder montar a sonda espacial cun globo aeroestático totalmente equipado así como a posibilidade de poder lanzalo lonxe…moi lonxe nun campus científico .
Isto suporá realizar nas aulas exercicios de gravidade, aceleración, impacto , temperatura… que permitirán aos rapaces obter puntuacións e canxealos por compoñentes para que poidan ir mellorando a súa sonda.