A Consellería do Mar convoca 8 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de pescadores de Redondela. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.
Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.
As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). Tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes serán estudadas e baremadas.
Lembran dende a Xunta que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.