Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración mensual contra a violencia de xénero

RR_Noticias

A praza do concello acolle hoxe luns 5 de febreiro ás 19:30 horas a concentración mensual convocada dende a Concellería de Igualdade coa que se quere amosar o rexeitamento da cidadanía cara a violencia contra as mulleres. O acto deste mes de febreiro contará coa lectura dun texto obra do Centro cultural de Cabeiro. Como símbolo gardarase un minuto de silencio e procederase a colocar unha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.

Esta iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller no que participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos, ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos. Tamén se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.
O Concello de Redondela e os membros do Consello Municipal da Muller convidan á cidadanía redondelá a participar cada mes nesta concentración mostrando así o seu rexeitamento contra a violencia de xénero e calquera outra forma de violencia e a súa concienciación da loita contra esta lacra social.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará