Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un paseo pola Redondela medieval e moderna

RR_Noticias

A Concellería de Turismo convida esta fin de semana a veciños e visitantes a coñecer o casco urbano da vila acompañados dunha guía profesional. As propostas para este sábado e domingo pasan por achegármonos ao pasado medieval do noso concello así como lembrar o pasado máis próximo que nos deixan os vestixios dunha Redondela moderna marcada pola camisería Regojo. Inscricións no teléfono 667 401 909.

A guía Soledad Chayán será a encargada nesta fin de semana de acompañar a todos aqueles que queira facer un percorrido por Redondela cunha ollada diferente. A proposta do sábado, que partirá ás 19:30 horas dende a Caseta de Turismo na Alameda convida aos participantes a coñecer a historia do medievo en Redondela. O Domingo, tamén as 19:30 horas pero con saída dende a Rúa Pai Crespo ao carón do viaduto vello, a proposta é coñecer a historia de Redondela dende a Idade Moderna ata o século XX. Unhas actividades de balde pero nas que compre inscrición previa no teléfono 667 401 909.  

Soledad Chayán guía turística
Uns percorridos para ver Redondela doutro xeito

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará