Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela reclama á Xunta que se involucre no pago das bonificacións do Vitrasa

RR_Noticias

Estiman en 300.000 euros o que suporía bonificar aos veciños do noso concello que usan o Vitrasa. Unha cantidade que podería asumir a Xunta evitando así que os usuarios que queden sen a tarxeta a partir de marzo teñan que abonar a totalidade do billete. Instan ao alcalde de Vigo, Abel Caballero a recibir a Javier Bas, quen dixo que está a espera de que o alcalde vigués lle responda a súa solicitude de reunión. Os veciños preparan mobilizacións ante a falta de solucións á retirada da tarxeta verde.

O Multiúsos de Chapela quedou pequeno para acoller a todos os veciños que se achegaron á asemblea convocada pola asociación de veciños da parroquia para abordar, entre outras cuestións, a necesidade de dar unha solución á retirada da tarxeta verde do Vitrasa. Unha retirada que previsiblemente se fará efectiva o 31 de marzo e que suporá que os usuarios de Redondela deste transporte queden sen bonificación nos billetes pasando de pagar os 0,89 euros actuais a 1,35. Unha reunión tensa na que a presenza e intervencións do alcalde, Javier Bas, lonxe de calmar os ánimos provocaba airados apupos por entender os asistentes que dende o Concello non se están a defender os intereses dos afectados. De feito, a reunión concluía coa anuncio de mobilizacións que serán concretadas nos vindeiros días. O alcalde interviña en varias ocasións para asegurar que está á espera de recibir unha resposta por parte de Abel Caballero a súa petición de manter unha reunión para abordar este asunto. Tamén reiterou que “a vía xudicial xa está aberta” porque tal e como establecen os informes dos técnicos municipais “é ilegal a decisión de Vigo de usar o criterio do empadroamento para deixar fóra das bonificacións aos veciños do resto dos concellos que usan ese transporte”. Un contencioso rexeitado polos veciños “xa que iso suporía dilatar a solución durante anos e mentres os veciños teríamos que pagar”. Explicaba tamén Bas que dende o Concello non se poden financiar esas bonificacións, ao que lle contestaba o presidente do colectivo veciñal que a solución pasaría por involucrar á Xunta. Entende Marcial Pérez que o custe de bonificar aos usuarios do noso concello roldaría os 300.000 euros “que a Xunta achegue eses cartos para garantir que se mantén a tarxeta aos veciños de Chapela e que logo xudicializen a situación para ver a quen lle corresponde pagalo” era a petición que lle trasladaba ao alcalde.  

Javier Bas alcalde
As intervencións do alcalde non foron moi ben recibidas polo público do Multiúsos
Marcial Pérez AVV
Reclaman a intervención da Xunta nas negociacións e que o alcalde de VIgo acepte a petición de reunión do de Redondela
300.000 euros anuais
Estiman que esa é a cantidade que supón subvencionar aos veciños de Redondela que usan o VItrasa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará