Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR e Chapela prepáranse para o derbi na División de honra prata feminina

RR_Noticias

Os equipos femininos de SAR e Chapela vivirán o vindeiro sábado un interesante derbi no pavillón da Marisma. Chegan a ese encontro con ánimos diferentes. A SAR nos postos altos da táboa logo de vencer a o Zonzamas por 44-29 e o Chapela traballando por afastarse dos postos baixos da táboa logo de caer esta fin de semana ante o Oviedo.

Nada puido facer o Chapela, malia xogar na casa, ante un Oviedo superior que vencía por 17-32. Moito mellor lle foron as cousas ás xogadora da SAR que recibían e vencía ao equipo canario do Lanzarote Zonzamas.
Os equipos de Redondela afrontan así o derbi da vindeira semana en situacións ben diferentes, mentres a SAR se xoga a cabeza da categoría o Chapela traballar por seguir afastándose dos postos baixos da táboa. O partido entre SAR Rodavigo e Cíes Chapela será o sábado no pavillón municipal da marisma ás 20:30 horas.
Primeira nacional
O Rodosa Chapela logrou facerse coa vitoria logo de catro derrotas consecutivas. Foi ante o Lavadores Vilatrade nun partido disputado o sábado no pavillón de Chapela que rematou co resultado de 30-26. Peor lle foron as cousas a Sar Plastic Omnium que malia resistir ata o descanso non foi quen de traerse ningún punto de Lalín. O encontro rematou co resultado de 23-18 a favor dos anfitrións.
Na vindeira semana o Chapela defenderá a súa quinta posición no campo do Oar Coruña, mentres que a SAR, aínda nunha complicada decimo cuarta posición, recibe no pavillón de Redondela ás 18:30 horas do sábado ao Bueu.  
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará