Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xubilados e pensionistas denuncian o “ridículo” aumento do 0,25% nas súas pagas

RR_Noticias

Desde hai varias semanas véñense repetindo protesas por parte de xubilados reclamando unhas pensións “dignas” que se revaloricen as pensións segundo o IPC. A suba para este ano, fixada no 0,25%, é cualificada de “burla” tamén por parte dos pensionistas redondeláns.

É o caso de xubilados como Juan. Denuncia que “levan anos perdendo poder adquisitivo”, xa que o IPC sobe moito máis do que o fan as pensións. Este xubilado entende que sería necesario un gran pacto para blindar as pensións, malia que é escéptico. Para Marina, que cobra unha pequena pensión, esta situación é unha “fraude”, e admite que malamente chega a fin de mes, polo que a escasa suba lle parece “ridícula”. Ten que axudar economicamente a dous dos seus fillos, con empregos precarios a tempo parcial. Está preocupada tamén polo seu futuro, xa que non poderán cotizar para ter unha pensión “digna” no futuro. Tamén Pilar, unha xubilada de Redondela, entende que a suba do 0,25% é unha “burla” para os pensionistas, xa que 1 ou 2 euros máis ao mes “non chega para cubrir o incremento dos prezos nos gastos diarios”. Advirte ademais que moitos pensionistas teñen que “estirar” a súa paga para axudar a fillos ou netos en situación de desemprego. Moitos viven esta situación con “resignación”, e afirman que se non hai “unha gran protesta por parte dos xubilados” non consegurián melloras. Manuel culpa da situación aos políticos, “con elevados salarios e dietas, mentres traballadores e pensionistas perden poder adquisitivo cada día”. Tamén Quique culpa da situación á clase política. Lamenta que o goberno de Rajoy afirma que “non hai un fondo de reserva o suficientemente grande que garanta o pago das pensións”, mentras a sociedade soporta a carga da clase política, uns 125.000 cargos con salario, que son por exemplo, catro veces máis que en Gran Bretaña. Advirte tamén que o goberno de Rajoy leva anos “metendo a man no peto das pensións” para gastos para os que non estaba deseñado. O Consello de Ministros tamén aprobou o pasado venres un real decreto para fomentar a contratación de plans de pensións privados para “complementar” a pensión pública. Pero moitos desconfían destes plans, que poderían derivar en productos “tóxicos”, como as preferentes. Jose dubida que no futuro poida cobrar unha pensións, pero tampouco se fía dos depósitos que ofrece a banca. Os partidos da oposición denuncian que existe unha estratexia “deliberada” por parte do goberno para privatizar o sistema público de pensións e cualifican de “escándalo” o feito de que a portavoz do PP no Pacto de Toledo, Celia Villalobos, clausurase unhas xornadas da CEOE sobre plans privados de pensións.

Perda de poder adquisitivo
Xubilados como Juan denuncian perda de poder adquisitivo ano tras ano.
Pensionistas defraudados
Marina cobra unha pequena pensión e afirma sentirse defraudada.
O sostén das familias
Xubilados como Manuel advirten que as pensións son o sostén de moitas familias e non entende que sexan tan baixas.
Demasiados políticos
Quique advirte que o problema para soster as pensións non son os xubilados senón a clase política.
Plans de pensións privados
Jose non confía nos plans de pensións privados que ao seu entender só buscan beneficiar á banca privada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará