Afincado con sede en Arcade o equipo está presidido por David González e Ivan Vidal e créase da man dunha tenda da localidade, a Arcadecycles rexentada por David Gonzalez e Diego Feijóo. O equipo nace coa idea de promover o deporte do pedal e as súas variantes de ciclismo de estrada, o BTT, o triatlón e o duatlón cross.
O proxecto arrancou por iniciativa dun grupo de amigos aos que se foron sumandos corredores xa experimentados como Ruben Atrio (Campión Galego de XCM 2017), Alberto Rodriguez, Ivan Vidal, Javier Fuentes ou Jose Manuel GomezBestilleiro. Tamén entre os seus membros atopamos ao gañador da Volta a España Alvaro Pino, que exerce de padriño e embaixador do equipo.
O pasado 11 de febreiro disputada a primeira cita coa Copa de Galicia XCM logrando un segundo posto por equipos. A próxima cita será o 25 de febreiro na primeira proba da Transgalaica 2018 en Cotobade.