Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de plantación de árbores autóctonas no Monte Espiño do Viso

RR_Noticias

A Comunidade de Montes do Viso organiza unha nova xornada de repoboación do monte comunal este domingo 18 ás 10:30 horas. Unha actuación que busca a colaboración dos voluntarios, grandes e cativos, para continuar na recuperación do Monte Espiño, un espazo que se vira seriamente danado nos incendios do verán do 2016. O obxectivo é a creación de franxas verdes con frondosas autóctonas para mellorar a defensa contra os lumes. Organizan unha segunda plantación o domingo 4 de marzo na Peneda.

A actuación deste domingo centrarase no monte Espiño. Coa colaboración dos voluntarios faranse plantacións lineais, fundamentalmente de castiñeiros e carballos, ás beiras da pista principal que atravesa o monte, constituíndo co tempo unha barreira no caso dun incendio. Reforzarase tamén o arborado nunha zona preto das casas do barrio da Nogueira. Nesta edición a comunidade de montes organiza unha segunda sesión que terá lugar o domingo 4 de marzo no alto da Peneda no entorno do miradoiro que alí existe e aproveitando os recentes traballos de limpeza e rareo que a comunidade de montes realizou recentemente por un importe superior aos 8.000 €. Neste caso búscase aumentar a diversidade e a resiliencia contra o lume no alto da Peneda repoboando con diversas especies, favorecendo así tamén que co tempo a zona poida amosar un mosaico de especies autóctonas: sobreiras, rebolos, carballos, castiñeiros, acivros, bidueiros, espiños e érbedos. Repoboarase así coa axuda dos voluntarios que asistan máis de 600 árbores diversas para deste xeito recuperar a diversidade arbórea da zona e realizar unha acción didáctica entre adultos e os máis cativos achegando a experiencia de participar no mantemento e coidado da natureza en xeral, e do monte comunal en man común en concreto. Os que queiran participar o único que teñen que facer e presentarse no lugar levando un legón, unha luvas e ganas de traballar. Para estas actividades a Comunidade conta coa colaborarán de “Xirela, Servizos Técnicos e obras do Rural” e “Maquinaria Agrícola Carpintero”.  

Xosé Covelo Comunidade de Montes
Crear unha franxa verde para protexer dos incendios
Aberto a grandes e cativos
Unha xornada de convivencia e concienciación
Plantación na Peneda
O domingo 4 de marzo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará