Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xubilados e pensionistas non se resignan e volven saír á rúa

RR_Noticias

Unha perda de poder adquisitivo que estiman nun 7% nos últimos seis anos, un incremento dun 0,25% para este ano que cualifican de ridículo e un sistema de pensións que entenden é “completamente sostible malia as continuas ameazas dos poderes políticos” leva a este sector da sociedade a seguir mobilizándose. Sairán a rúa este xoves ás 12:00 horas. Unha convocatoria conxunta en vilas e cidades de toda Galicia que na nosa bisbarra ten o seu centro de referencia na rúa Príncipe en Vigo diante do Marco.

“Somos máis de 9 millóns de xubilados en toda España e iso supón poder e capacidade para reivindicar os nosos dereitos así que imos seguir na rúa facendo escoitar as nosas voces” así o anuncian dende Modepen (Movemento Galego pola Defensa das Pensións), un colectivo que naceu hai un par de anos como iniciativa dun grupo de veciños de Redondela e que, pouco a pouco, foi collendo forza ata estar presente en innumerables cidades e vilas de toda Galicia. As demandas son claras: que se garanta o sistema público de pensións e o poder adquisitivo de xubilados e pensionistas. Explica Antonio Lores, membro de Modepen, que é imprescindible ante o ataque reiterado contras as pensións e contra o sistema social, saír a rúa para defender os dereitos de todos, tanto dos xubilados que a día de hoxe son receptores desa renda como os traballadores aos que se está a ameazar coa posible desaparición do sistema de pensións. Un sistema que insisten “é completamente sostible”. Rexeitan neste sentido as propostas dos dirixentes políticos que avogan e animan á sociedade a subscribir seguros privados. Unha alternativa que entenden non é viable, por unha banda porque poucos son os que poden permitirse destinar parte do seu salario a pagar unha cota a unha empresa aseguradora e, por outra, porque “eses seguros privados si que non son sostibles, son tan só un gran negocio para as empresas que están detrás”.  

Antonio Lores Modepen
Reclaman que se garanta o sistema de pensións e o poder adquisitivo dos pensionistas
Nove millóns
Unha masa social que ten capacidade para presionar o goberno
Seguros privados
Algo beneficioso só para as empresas que están detrás

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará