Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O prezo da vivenda en aluguer dispárase en Redondela

RR_Noticias

Redondela é o sexto concello máis caro da provincia para alugar. O prezo medio dun piso duns 80 metros cadrados está nos 450 euros, pero moitos mesmo superan os 600 euros mensuais. A escaseza de pisos en boas condicións e a elevada demanda disparan os prezos, e moitos veciños optan por alugar noutras localidades próximas como Arcade ou O Porriño, con prezos moito máis económicos.

As inmobiliarias de Redondela confirman os datos que hai uns días recollían as estatísticas. O metro cadrado de aluguer ten un prezo medio de 5,6 euros na vila, por riba de cidades como Ourense ou Lugo. As rentas “mesmo son máis altas que nalgunhas zonas de Vigo” segundo apunta Nacho, da inmobiliaria Molinos. A escasa oferta de inmobles en boas condicións e o aumento da demanda dos últimos anos fai aumentar os prezos “e os propietarios aprovéitanse”. Os prezos de aluguer mesmo chegan a superar os 600 euros mensuais nalgunhas vivendas do centro da vila, como denuncia Anuska, que consideran “un timo” estes elevados prezos. Entende que os prezos están “moi por riba” do valor real dos pisos. Mozos como Iván, que durante anos viviu de alguer, conseguiu agora mercar a súa propia vivenda. Recoñece que os prezos son moi altos en Redondela, con pisos ás veces en malas condicións polos que os propietarios piden unhas cantidades “moi elevadas”. Ante a escasa oferta e os altos prezos, son moitos os que optan por marchar a vivir a outras localidades veciñas. É o caso de Merce, que traballa en Redondela per fixou a súa residencia en Arcade, onde atopou un piso “en mellores condicións e máis barato”. Afirma que malia o desprazamento “compénsalle”. Desde a inmobiliaria Arines, Bernardo explica que noutras localidades hai mellores prezos porque a oferta de pisos é moito maior que en Redondela. É o caso do Porriño ou Arcade, onde se construiu moito durante a burbulla do ladrillo, malia que a calidade de vida “non é a mesma”. Sobe o prezo de venta Na nosa provincia só vivir de aluguer en Pontevedra e Vigo, ou en concellos turísticos como Sanxenxo, Nigrán ou Baiona, resulta máis caro que facelo en Redondela. E o prezo para comprar casa tamén se dispara en Redondela. É o Concello onde máis se incrementaron os prezos da vivenda de toda Galicia, xunto con Vigo e a contorna da Coruña. O metro cadrado custa en Redondela case 907 euros, logo de incremetnarse o pasado ano un 5,8%.

Nacho inmobiliaria Molinos
A escaseza de oferta e a elevada demanda fan subir os prezos dos alugueres.
Prezos abusivos
Para Anuska os prezos que a veces superan os 600 euros mensuais son un "timo".
Aluguer ou hipoteca
Iván paga menos agora de hipoteca do que pagaba de aluguer nos últimos anos.
Merce marchou a Arcade
Malia que traballa en Redondela Merce alugou un piso en Arcade. Alí atopou unha vivenda nova mellor e máis barata.
Escaseza de vivenda nova
Bernardo de Inmobiliaria Arines explica que hai dez anos que non se constrúe en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará