A Comunidade de Montes do Viso organiza unha nova xornada de repoboación do monte comunal este domingo día 4 ás 10:30 horas. Unha actuación que busca a colaboración dos voluntarios, grandes e cativos, para continuar coa recuperación do monte da Peneda. O obxectivo é repoboar a zona con diversas especies, favorecendo que co tempo o monte poida amosar un mosaico de especies autóctonas.
Sobreiras, carballos, castiñeiros, acivros, bidueiros, espiños e érbedos son algunhas das árbores que se plantarán nesta actividade do domingo, que quere ser unha proposta medioambiental pero ao tempo unha xornada de convivencia e concienciación sobre a necesidade de coidar o noso monte e achegar aos cativos a experiencia de participar no mantemento e coidado da natureza en xeral, e do monte comunal en concreto. A actuación deste domingo centrarase no entorno do miradoiro da Peneda, aproveitando os recentes traballos de limpeza e rareo que a comunidade realizou por un importe superior os 8.000 euros.