Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Que 30 años no es nada…” espectáculo presentación do último traballo de Tangata

RR_Noticias

O tango soará este sábado no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas. A formación Tangata celebra en Redondela os seus 30 anos nos escenarios coa presentación do seu cuarto traballo. Un espectáculo no que estarán rodeados de amigos coas voces de Uxía, Laura Quintillán, Noelia Álvarez e Tatán. Unha actuación que contará tamén cunha exhibición de baile a cargo de Karina Inés e Jorge Rodríguez.  

O público poderá gozar dun completo espectáculo no que a música, a voz e o baile estarán presentes no que será un dos concertos máis especiais de Tangata. Alberto Vilas explica que elixiron Redondela para arrancar a súa xira pola súa vinculación particular con este concello, do que el é veciño, pero tamén porque durante estes trinta anos foi o lugar de ensaio do grupo. “Será un concerto único no que estaremos acompañados de amigos que se subirán ao escenario para celebrar este aniversario tan importante”. Un disco que xirará por numerosas vilas e cidades, xa que malia ser un xénero minoritario son moitos os que aman e senten o tango. De feito teñen xa contratados concertos en Santiago, Ourense. Coruña e un moi especial no teatro Afundación en Vigo no que estarán acompañados da Orquestra Clásica de Vigo. Un cuarto traballo que presenta como novidade principal a voz, xa que nos discos anteriores nunca incluíran entre as gravacións temas cantados que si podemos escoitar neste “Que 30 años no es nada” como El día que me quieras, La última curda ou Chiquilín de Bachín, entre outros.    

Alberto Vilas Tangata
Un cuarto traballo no que incorporan a voz
Espectáculo moi especial
Estarán acompañados de moitos amigos
Música e baile
O baile estará tamén presente no Multiúsos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará