Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teresa París, edil de Igualdade: “Entendemos que as desigualdades non se resolven saíndo a rúa”

RR_Noticias

O PP non apoia a folga feminista do vindeiro 8 de Marzo, unha protesta que si secundan os partidos da oposición así como colectivos feministas e sindicatos. Os motivos, segundo explica a concelleira de Muller e Igualdade é que “as desigualdades non se resolven saíndo a rúa a protestar ou visibilizar algo que xa se coñece”. Malia non secundar os paros de dúas horas convocados para as 12:00 e as 19:30 horas do xoves si anima aos traballadores municipais a “parar ao mediodía para sumarse ao acto institucional que se celebrará ás portas do Concello”.

A edil responsable da Concellería da Muller, Teresa París, entende que os paros parciais convocados para este xoves “buscan a foto ou o rendemento político ou sindical” máis que as solucións a uns problemas que xa se coñecen, en referencia a que a protesta está convocada para denunciar a violencia de xénero e facer visible a discriminación estrutural que sofre a muller con diferenzas salariais nos mesmos postos de traballo respecto dos seus compañeiros homes. “Son problemas que non se resolven con folgas, que ademais só poden facer aquelas mulleres que traballan por conta allea e non as que están traballando na casa ou que teñen un negocio”, engade París. Por estes motivos entende que para resolver estes problemas máis que facer folga “hai que seguir traballando facendo visibles as políticas de igualdade e os mecanismos cos que contan as institucións”, e facelo con actividades como as organizadas dende o seu departamento para este xoves. De feito,convida aos traballadores do Concello a parar ao mediodía se sumarse ao acto institucional que terá lugar as portas do concello. Pola tarde as actividades continúan coa inauguración ás 19:00 horas da exposición Mulleres en Realidade, que inclúe un novo panel dedicado á figura da mestra Paulina Sánchez, Persoeira do ano 2017. A continuación terá lugar a proxección do documental A palabra xusta, sobre a mestra e pedagoga Antía Cal. Unha actividade que estaba prevista para o mércores pola mañá pero cuxo horario foi modificado logo de o grupo de teatro “Dramaturxia das mulleres” anunciara que non podería realizar a representación prevista logo de decidir sumarse á folga das mulleres.  

Teresa París concelleira de Muller
Unha folga que ao seu entender non resolve os problemas
Anima a participar nos actos do día 8
Anima aos traballadores municpais a parar para participar no acto institucional do mediodía
Acto institucional
Completarase cunha exposición poal tarde
Documental sobre Antía Cal
Proxectarase ás 20:00 horas no Multiúsos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará