O Campionato de España de natación disputado en Cádiz deixa un excelente balance para o conxunto redondelán. A súa estrela, Mauro Rodríguez, acadou cinco medallas e unha marca estatal. Iria Gómez foi quinta en 400 libre no campionato estal que rematou esta pasada fin de semana.
Mauro Rodríguez, nadador do equipo de Chapela, obtivo ouro e récord de España en 200 bolboreta, medalla de prata en 100 e 50 bolboreta e dúas medallas de bronce en 200 e 400 libres. Iría Gómez foi quinta en 200 costas e acadou a sexta posición en 100 metros na mesma modalidade. Uns resultados excelentes, segundo o presidente, Enrique Carro, que tamén salienta o excelente papel de Ivan, Borja, Irene, Kiko, Eva e Daniela, que tamén se desprazaron a terras andaluzas para participar na proba etatal que se celebrou ao longo de toda a pasada semana.