Os participantes deberán superar un percorrido de 6.000 m con saída e chegada ao Peirao de Arcade. A cita deportiva celebrarase ás 12:00 horas do domingo 25 de marzo, unha semana antes da celebración da festa gastronómica que dá nome á esta carreira popular que contará con categorías de menores, cuxas probas se celebrarán a partir das 12:45 horas, despois da categoría absoluta.
A inscrición xa se pode realizar a través de www.croonotec.es é de 5euros para o público xeral e gratuíta para todos os participantes empadroados no Concello de Soutomaior. Xa está aberta tanto para atletas federados como non federados, e persoas de todas as idades. Pódense formalizar ata o 21 de marzo.
Os menores e os empadroados no Concello deben realizar a súa inscrición no Pavillón Municipal en horario de tarde ou ben por correo en deportes@soutomaior.com
Os participantes contarán con avituallamento, servizo sanitario, zona de lecer, merenda, camiseta da carreira e todo o necesario para celebrar un día cheo de deporte no noso Concello.