Aseguran que o trazado ao seu paso polo noso concello ten os mesmos puntos negros que hai máis dunha década. Critican o “desinterese” tanto do goberno do PP na Xunta como no propio concello por non ter adoptado medidas que melloren a seguridade nalgúns dos tramos máis conflitivos da ruta xacobea. Apunta como os máis perigosos a zona do Muro, onde os peregrinos teñen que cruzar a N-550 sen que exista un paso de peóns, ou en Cesantes na zona próxima ao colexio.
O Partido Socialista manifesta a súa preocupación diante da falla de compromiso do Goberno para impulsar medidas que aporten maior seguridade a todos os viandantes, en especial ao usuarios do Camiño Portugués que supera os 60.000 persoas o ano.
Explica que malia ser Redondela un punto de confluencia de dúas rutas cara Santiago, o Camiño Portugués – a segunda ruta máis recorrida de todas as que transcorren cara Santiago de Compostela – e o Camiño Xacobeo pola costa, os orzamentos do Estado non contemplan grandes investimentos nos próximos anos.
O principal problema de seguridade vial atópase na ruta que une Oporto con Compostela, que no municipio redondelán detectase con claridade que neste intre existen varios puntos perigosos, moitos deles xa denunciados polo partido socialista de Redondela e levados a pleno para que fosen solucionados.
Sinalan entre os puntos máis perigosos os lugares onde a ruta xacobea se cruza coas estradas nacionais, como na estrada de O Muro que para facer a entrada na vila , os peregrinos teñen que atravesar a estrada N-550 sen a seguridade dun paso de peóns.
Probablemente, engaden ” a maior perigosidade con que se atopen sexa ao deixar a nosa vila na parroquia de Cesantes ao ter que atravesar a N550 no lugar de O Arieiro – preto do colexio- cara a O Viso. E finalmente no barrio de Soutoxuste, no lugar de As Sete Fontes para seguir a viaxe cara a Arcade, onde os vehículos circulan a altas velocidades”.
Os socialistas entenden que o reforzo de sinalización destes trazados por parte de Turismo de Galicia non é suficientes e critican a pasividade da Xunta de Galicia respeto a seguridade do Camiño Portugués. Instan ao Goberno Municipal a que se impliquen coas Administracións competentes para acadar solucións ante a falta de seguridade vial na ruta xacobea a través do concello de Redondela.