Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rícar revitaliza o Choco

RR_Noticias

Un “hat-trick” de Rícar propiciou a vitoria local en Santa Mariña dous meses despois. O Choco levaba sen gañar en Santa Mariña desde o pasado 7 de xaneiro. Pleno de vitorias tamén na Segunda Autonómica, e resultados positivos para os equipos de Terceira Rexional. En fútbol sala perderon o Pazos e o Campito, e gañaron o Redondela e o Arealonga.

Terceira División
Choco 3-1 Arenteiro
O conxunto redondelano superou ao Arenteiro coa actuación estelar dun Rícar que foi a gran novidade de Marcos Montes no once e que respondeu á confianza do seu técnico con tres goles que non deron ningunha opción ao equipo do Carballiño. O primeiro chegou aos seis minutos. Rícar enganchou un balón na banda dereita, deixou atrás ao seu par e sorprendeu a Pachi cun tiro seco pegado ao primeiro pau. Sete minutos despois, Iker aproveitou un erro no inicio de xogo redondelán para meter cun lanzamento desde fóra da área o 1-1. Pero Rícar volveu resolver. Asumiu a responsabilidade nunha falta na frontal e volveu bater a Pachi polo seu pau nun novo exercicio de efectividade. Xa no segundo tempo, Rícar volveu destacar cunha xogada individual na que se foi de Martín Sánchez e bateu cunha vaselina a meta visitante. Un golazo para pechar a vitoria choqueira e a portentosa actuación do mozo canteirán redondelano. O Choco mantén a 10ª posición, e a próxima xornada visita o cmapo do Bergantiños, un duro rival, 2º na táboa.
Choco: Cortegoso; Yago, Javi, Lucas, Xian; Alberto Suárez, Gabi Misa (Caloi, min. 70); Rícar, Comis (Félix, min. 61), Chiqui; e Escobar (Pablo Couñago, min. 82).
Arenteiro: Pachi; Maxi, Portela, Adrián Padrón, Martín Sánchez; Adil, Brais Vidal; Rubén Arce (Martín González, min. 39) (Vilachá, min. 70), Álex Bardelás (Manu Bardelás, min. 46), Carlos de Dios; Iker.
Goles: 1-0, min. 6: Rícar; 1-1, min. 13: Iker; 2-1, min. 23: Rícar; 3-1 , min. 64: Rícar.
Segunda Autonómica

Ribadelouro 0-2 Choco B
O filial ascende á quinta praza logo da vitoria no campo do Ribadelouro. Na proxima xornada Caldelas-Choco B, cos dous equipos en fase de ascenso. O anfitrión é 3º, con catro puntos máis que os de Redondela.
P. Arnelas 0-2 Arcade
O Arcade mantén o liderado logo da vitoria no campo do P.Arnelas. Na próxima xornada volve xogar fóra. O domingo visita o campo do Caldas, 3º do grupo, ao que os de Soutomaior adiantan en 7 puntos.
Terceira Autonómica

San Roque 1-4 Chapela
Os de Chapela mantén a 4ª praza logo de gañar no campo do equipo vigués. O domingo volven xogar fóra, visitan o campo do Moledo, equipo situado na metade baixa da táboa.
Beretes 4-4 Moledo
O Peña Beretes segue como pechacancelas malia o empate desta xornada nun partido con moitos goles ante o Moledo. Os de Chapela xoga en Coia o domingo, cos vigueses na metade da táboa.
San Paio 1-2 Vilar
O Vilar mantén o 3º posto logo de gañar no campo do Sampaio. O domingo reciben ao Racing Vilariño B, afundido no pozo da táboa.
Cesantes 3-0 Estrella Dorada
O Cesantes mantén a 4ª praza, en postos de fase de ascenso, logo de gañar se demasiados problemas ao Estrella Dorada. Máis complicado o terán o próximo domingo, xa que xogarán no campo do Poio, líder do grupo.
Atl. Estación 2-2 Soutomaior
Os de Soutomaior baixan unha posición, son 6º, logo de acadadr un importante empate no campo do Atl. Estación. Na próxima xornada teñen xornada de descanso
Fútbol Sala Terceira División

Carballiño 5-4 Campito
Os de Chapela manteñen a décima posición na táboa logo de impoñerse ao pechacancelas, o Carballiño. O domingo volven a terras ourensáns, visitan o pavillón dos Remedios para xogar ante o Sala Ourense, líder do grupo.
Pazos 1-5 Vilalba
Inesperada derrota dos de Fran Amoedo ante o Vilalba, que os afasta case definitivamente do título. Na próxima xornada visitan o pavillón do Estrada Futsal, outro duro rival, 3º clasificado.
Autonómica Sur

Redondela 6-3 Baíña
Os redondeláns foron quen de impoñerse a un duro rival, o Baíña F.S., e xa estan lonse dos postos de perigo. A próxima fin de semana xogan no pavillón novo de Tui ante a Quinta, cuarto clasificado do grupo.
Arealonga Construcións Castro 4-2 Abetos Gondomar
Os de Chapela deron un paso moi importante de cara á salvación ao impoñese ao Gondomar, na pelexa tamén pola permanencia. Na próxima xornada viaxan a terras ourensás, mídense ao Verín Sala, equipo situado no ecuador da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará