O Multiusos da Xunqueira acolle o xoves 22 ás 18:00 horas unha actuación de Magín Blanco enmarcada dentro do programa Apago do Servizo de Normalización Lingüística. Presenta o seu espectáculo Letras e notas que vén cargado de música e de contos. A entrada é de balde.
O creador de A nena e o grilo ou outras composición que forman parte de edicións como María Fumaça ou Rosalía Pequeniña tráenos un contacontos musicado, onde o protagonista axudará os nenos e nenas de 3 a 8 anos a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e palabras e en definitiva, pola lingua. A actividade é de balde.